coruna 22/02/2021

Medio Ambiente pecha as praias ante a presenza masiva de carabelas portuguesas

by Victor Lamela

O Concello decidiu por precaución pechar as praias da cidade ante a presenza masiva nos areais de medusas (carabelas portuguesas) para garantir a seguridade dos bañistas. Prohíbese o paseo polas praias e pídeselle moita precaución á cidadanía debido a alta toxicidade desta especie.

Desde a concellería de Medio Ambiente pídenlle á veciñanza que non baixe aos areais, tampouco as súas mascotas, e por suposto que ninguén toque as medusas.

A %d blogueros les gusta esto: