coruna 21st noviembre 2018

Mesa de Traballo sobre o futuro de Alcoa

by Victor Lamela

O Concello da Coruña participou hoxe en Madrid nunha reunión da mesa de traballo a respecto do futuro de Alcoa á que tamén acudiro representantes do Ministerio de Industria, dos gobernos de Galicia e de Asturias, así como do concello de Avilés e os sindicatos UXT e CCOO. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, foi quen acudiu en representación do goberno local a esta xuntanza, á que tamén estaba convocada a propia multinacional Alcoa, que ten marcha un ERE extintivo sobre as plantas da Coruña e de Avilés.

Ao termo da reunión, todas as partes censuraron a “nula vontade negociadora de Alcoa na busca de solucións á situación das súas plantas da Coruña e Avilés, como demostra a súa ausencia á reunión” e, igualmente, quixeron deixar patente o “absoluto compromiso das administracións públicas, UXT e CCOO para traballar polo futuro industrial das dúas plantas”.

Tal e como manifestaron ao remate da sesión, na que se abordou o estudo de medidas que favorezan un marco estable que permita á industria española competir en igualdade de condicións co resto de factorías a nivel internacional, as partes reunidas acordaron, de novo, instar a Alcoa retirar o ERE extintivo presentado pola compañía, a manter a actividade industrial nas plantas da Coruña e Avilés e a participar na mesa de traballo constituída para abordar o futuro industrial destas plantas.

A este respecto, o concelleiro Lema puxo de relevo a “necesaria adopción, por parte do Goberno central, de medidas cautelares que se poñan en marcha, se é preciso, o día seguinte ao remate do prazo de negociación do ERE, no caso de que Alcoa siga adiante co expediente de extinción, para que a empresa manteña a súa actividade ata que apareza un novo comprador ou se estude outra alternativa, de cara a evitar o peche efectivo da planta e garantir a continuidade da actividade económica e industrial”.

A %d blogueros les gusta esto: