Sin categoría 3rd agosto 2011

Mostrart 2011 adianta o seu horario mañá

by Victor Lamela

A feira de artesanía Mostrart modifica o seu horario en previsión da chegada de varios cruceiros á cidade. Esto afecta ó horario de apertura, que en lugar de ser á hora prevista, 11 da mañá, será ás 10 h. Este horario tamén se ampliará os días 11, 12 e 14 de agosto.
Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns, e conta ca colaboración do Concello de A Coruña, a Deputación Provincial da Coruña, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
Na páxina www.mostrart.org pódese acceder ó listado completo de expositores con todos os seus datos, ou consultar o enlace de Googlemaps para coñecer a localización exacta, a galería con tódolos expositores presentes, documentación e a imaxen gráfica da feira.
Horario cotián: de 11 a 14 e de 17:30 a 22 h
T 981 293 688 (de 9 a 14 h) · M 639 953 401 (Manuel González)
www.galegadeartesans.org

A %d blogueros les gusta esto: