coruna 1st abril 2012

Nota de prensa de la Xunta de Galicia sobre el incendio en As Fragas do Eume

by Victor Lamela

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes con datos recollidos ata ás 10:00 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación actual dos lumes rexistrados en Galicia, co repaso e actualización de datos.

A CORUÑA

ACTIVOS

A Capela-A Capela (máis de 500 ha, estimación provisional)
Segue arestora activo o lume forestal rexistrado no concello coruñés da Capela, na parroquia homónima. Neste incendio a Xunta mantense, como medida preventiva, a declaración do “Nivel 1”, pola súa proximidade a vivendas. Para coordinar os medios humanos e persoais, e seguindo o Plan de loita contra os incendios forestais (Pladiga), Medio Rural e Mar propuxo este activación de “Nivel 1” como medida preventiva. O “Nivel 1” é un concepto referido a aqueles incendios que, estando baixo o control dos medios de extinción da Xunta previstos no Plan da Comunidade Autónoma, poidan, pola súa posible evolución, requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume.

O lume comezou ás 15:16 horas de onte sábado. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 500 hectáreas. Os medios que traballan arestora na súa extinción son 2 técnicos, 13 axentes forestais, 20 brigadas, 12 motobombas, 3 palas e 115 efectivos da Unidad Militar de Emergencias (UME).

Tamén participaron, antes da chegada da pasada noite, 5 helicópteros e 4 avións. Arestora incorporáronse de novo medios aéreos, que irán incrementándose nos vindeiros minutos ás tarefas de extinción.

A Capela-Cabalar (100 hectáreas)
Segue activo outro lume forestal na parroquia de Cabalar, no mesmo concello da Capela. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada se sitúa nas 100 hectáreas. Iniciouse ás 17:57 horas de onte sábado e na súa extinción traballan 2 axentes forestais, 5 brigadas e 5 motobombas.
CONTROLADO

Santa Comba-Santa Sabiña (45 hectáreas, 30 de raso)
No concello de Santa Comba, parroquia de Santa Sabiña quedou controlado outro lume ás 09:06 horas desta mañá. Comezara ás 00:34 horas da madrugada e a superficie afectada, segundo unha primeira estimación provisional, sitúase nas 45 hectáreas, das cales 30 son de raso. No seu control traballaron 2 axentes forestais, 5 brigadas e 3 motobombas.

OURENSE

ACTIVO

Lobios-Araúxo
Arestora permanece activo un lume no concello de Lobios, parroquia de Araúxo que, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Na súa extinción traballan 4 axentes forestais, 5 brigadas, 1 Grumir e 2 motobombas.

CONTROLADOS

Cortega-Valongo (máis de 20 hectáreas)
Quedou controlado ás 09:30 horas desta mañá un lume forestal no concello de Cortegada, parroquia de Valongo que, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas. No control deste lume, que deu comezo ás 01:53 desta madrugada, traballaron 3 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 pala.

Avión-Abelenda (72 ha, 67 en raso)
Desde as 13:35 horas de onte sábado permanece controlado o lume forestal rexistrado no concello de Avión, parroquia de Abelenda. Iniciouse ás 22:25 do venres e afectou, segundo as últimas estimacións provisionais, a unha superficie de 72 hectáreas, das cales 67 son de monte raso. No seu control traballaron 2 técnicos, 9 axentes forestais, 15 brigadas, 8 motobombas, 1 pala, 5 helicópteros e 3 avións.

 

A %d blogueros les gusta esto: