coruna 17/01/2016

O alcalde acudirá o día 31 á Feira do Cocido de Lalín, que destinará parte da súa recadación a unha causa solidaria

by Victor Lamela

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou na mañá deste sábado no Obelisco o autobús promocional da XLVIII edición da Feira do Cocido de Lalín, ao que tamén se achegou o rexedor desta localidade, Rafael Cuíña, e alí confirmou que o vindeiro día 31 acudirá a Lalín para participar neste evento gastronómico, que na presente edición ten un labor solidario, xa que destinará unha parte da recadación das súas entradas á Asociación de Rapaces e Amigos de Nenos con Necesidades Especiais, Aranes. Neste sentido, Ferreiro salientou “a compoñente solidaria que o actual Concello de Lalín lle quixo dar a esta feira, que leva tantas décadas celebrándose”, e declarouse “encantado” de colaborar na promoción deste evento gastronómico, que se inscribe no Mes do Cocido de Lalín, que deu comezo onte, venres.

unnamed

A este respecto, o alcalde de Lalín explicou durante o encontro no vehículo promocional –que desde as dez da mañá e ata as oito da tarde permanecerá estacionado no Obelisco– que o cocido solidario vén substituír o que era a “comida oficial” da Feira. “O Cocido era unha cuestión elitista, case de prensa rosa, e de exaltación dos políticos de turno. Nós consideramos que é unha festa do pobo e para o pobo, e que había que recuperala na súa esencia, e pretendemos facer un cocido solidario, no que todo o mundo, desde o presidente da Xunta, pasando polo alcalde de Lalín e calquera cidadán que queira, poida ir e contribuír”, expuxo. “Antes primánbase as elites e as relacións político­sociais; no novo Lalín primamos sobre todo as persoas, e as persoas que peor o pasan”, engadiu Cuíña, quen agradeceu a colaboración do Goberno coruñés, do que destacou que fai “unha labor que transcende A Coruña”.

As actividades arredor desta X LVIII edición da Feira do Cocido comezaron o pasado día 8 e desde o día 12 iniciouse o Cocido en Ruta, que promociona nas principais cidades de Galicia e no norte de Portugal, esta

festividade, da que Rafael Cuíña quixo recalcar a súa relevancia na dinamización da economía de Lalín e na creación de postos de traballo. “Ata o 14 de febreiro, haberá un montón de actividades que fan moi atractivo Lalín, especialmente desde o punto de vista gastronómico e do disfrute das familias”, valorou, para invitar “a todos os coruñeses e veciños e veciñas dos concellos limítrofes a acudir e degustar o prato rei da gastronomía de Galicia”.

A %d blogueros les gusta esto: