coruna 05/25/2016

O alcalde destaca o labor da Policía Local “para crear unha cidade máis segura que, á vez, dea cabida á expresión das liberdades”

by Victor Lamela

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou no acto institucional con motivo do Día da Policía Local, escenario no que destacou a labor dos homes e mulleres que forman parte deste servizo público “que nos axuda a ter unha cidade máis segura pero que, á vez, debe dar cabida á expresión das liberdades de todos e todas”. “Este Goberno municipal entende á Policía Local como un corpo que debe estar dirixido á xestión da convivencia dos e das cidadás, no que a prevención prime sobre a acción sancionadora”, comentou.

unnamed

O primeiro edil coruñes quixo agradecer o traballo de todas as áreas de seguridade municipais polo traballo que desenvolven a diario “e que fai desta cidade, según din as estatísticas, unha das máis seguras de toda Europa”. “Dámosvos as grazas polo voso traballo e tamén por estar sempre abertos e abertas a aprender e a continuar coa vosa formación”, dixo Ferreiro aos membros da Policía Local presentes no evento, que tivo lugar na Praza de María Pita. Ao fío, o alcalde fixo fincapé na recente incorporación do Concello da Coruña ao Programa para a Identificación Policial Eficaz (PIPE) “que busca velar pola seguridade da cidadanía dende o respecto ás diversidades, e no que tan só son escollidos para participar cada ano uns poucos municipios do Estado”. Do mesmo xeito, tamén destacou o Plan Titor, “que funciona para mellorar a convivencia nun escenario tan fundamental como é a contorna escolar”, e a Patrulla Verde “que ten como obxectivo velar polo ben común baixo criterios de sostibilidade e que se viu reforzada o pasado ano con novos efectivos para axudar a manter a adecuada convivencia entre a cidadanía e os animais domésticos, así como controlar os residuos ou contaminación acústica, entre outros cometidos”. Ferreiro tamén quixo facer unha mención especial “aos efectivos que combaten directamente as violencias machistas, os e as especializadas na seguridade viaria e todos e todas aquelas que traballan todos os días a pé de rúa, falando coa xente”.

Por outro lado, o rexedor coruñés quixo reiterar o compromiso do Goberno local cos e coas traballadoras municipais. “Só desde a vocación de servizo público enténdese este traballo, non sempre recoñecido. Por iso precisamente, a este alcalde sempre o encontraredes na defensa do funcionariado, xa que sabemos que o seu labor é fundamental para dar corda a unha cidade”, comentou.

No seu discurso, o alcalde tamén manifestou que “A Coruña é unha cidade de xentes respectuosas”. “Por iso facemos dende aquí un chamado para evitar en modo algún que se frivolice con temas tan importantes e que suscitan tanta atención como é a seguridade e a liberdade. A lexítima discusión política non debe golpear nunca aos traballadores públicos, persoas ao servizo da cidadanía”, resolveu.

Durante o acto institucional do Día da Policía Local, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello, distintos persoeiros, entre os que se atopaban concelleiros e concelleiras, o alcalde, o delegado do Goberno en Galicia, así como cargos dos distintos corpos de seguridade, impuxeron un total de 34 medallas a distintos membros da Policía Local.

Condecoracións

En concreto, 26 dos mesmos recibiron a medalla de permanencia, por levar 30 anos de servizo (Santiago Pérez Arias, Ángel Merelas Sánchez, Manuel Arca García, Víctor Fernández Chao, Víctor Fernández López, José Ramón González Castro, Ángel Ramón de la Iglesia Romero, Luciano Ron López, Gerardo Martínez Rodríguez, José Manuel García Fernández, Alejandra Couto Antelo, Antonio Sánchez Mosquera, María Lourdes Cernadas Suárez, Rafael Sacristán Andrés, Francisco Javier Sobrino Viqueira, Pedro Vázquez Vieiro,

Juan Carlos Buján Martínez, Juan Carlos Naveira Seoane, Andrés Otero Cerveró, Manuel María Castro Regueiro, Santos Javier Recio Torres, Víctor Manuel Pérez Martínez, Manuel Fernando Cernadas Suárez, Josefina Fernández Ibias e Juan Carlos Pazos Vázquez. Tamén foron distinguidos os funcionarios do corpo da Policía Local xubilados durante o ano 2016 Jesús Manuel Pedreira Martínez e Pedro Girón Rial. Do mesmo xeito entregouse unha medalla á traxectoria profesional exemplar a Belén Sánchez Mato, Fernando Troyón Martelo, José Manuel Pazos Mantiñán, Javier Meizoso Presedo del Río, José María Lago Mato e Juan Carlos Pérez Mouzo.

A %d blogueros les gusta esto: