coruna 12/12/2015

O alcalde destaca que a loita contra as desigualdades debe ser prioritaria: “O primeiro, tanto antes como agora, teñen que ser sempre as persoas”

by Victor Lamela

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou este venres no descubrimento dunha placa en homenaxe a Juana de Vega na rúa Real, á altura do número 56. Durante o acto, organizado pola fundación que leva o nome da escritora coruñesa, o rexedor destacou os puntos en común entre a labor do Goberno local e á figura da activista. “As desigualdades sociais foron a prioridade do traballo desenvolvido ao longo da súa vida, e seguen a ser hoxe, por desgraza, un problema real, que dana as nosas sociedades e que para este goberno municipal supón un reto de inmensa magnitude que sen titubeos poñemos á fronte da nosa acción diaria”, dixo o primeiro edil. “O primeiro, tanto antes como ahora, teñen que ser sempre as persoas”, remarcou.

unnamed

“Vivimos datas de nadal nas que é recorrente falar e escoitar boas palabras, rodearse das boas intencións. É algo de agradecer, pero os e as imprescindibles son aquelas que fan deses valores unha causa diaria, que dedican cada minuto da súa vida á solidariedade e ao ben común. E con letras de ouro na historia da Coruña social e da Coruña progresista está o nome de Juana de Vega, que esta cidade hoxe, unha vez máis, volve homenaxear”; dixo Ferreiro antes do descubrimento da placa, que levou a cabo xunto con Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega.

“Foi Juana de Vega un referente do seu tempo e segue a selo dous séculos despois. A súa memoria non debe perderse e por iso non podemos máis que louvar o traballo que nesse sentido desenvolve a Fundación que leva o seu nome. E tampouco podemos esquecer que o legado que Juana de Vega nos deixou refírese á igualdade no seu sentido máis amplo”, explicou o alcalde coruñés. “Difícil resultaba na súa epoca ser muller e activar a sociedade desde esa condición. Hoxe en día, a procura dunha sociedade afastada do dominio de xénero tamén segue a ser unha tarefa a afrontar. Polo tanto, sirva esta placa en honra de Juana de Vega para lembrar tamén a loita das mulleres pola Igualdade, e a acción de todo unha cidade a favor dunha sociedade máis xusta”, rematou.

A %d blogueros les gusta esto: