coruna 01/12/2015

O alcalde incide “na aposta preferente deste Goberno polo transporte público” e destaca o proxecto para a recuperación do carril bus

by Victor Lamela

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, insistiu este luns no apoio e o interese do Goberno local en “potenciar o transporte público”. Así, o rexedor insistiu na “necesidade de que existan carrís preferentes para autobús na cidade”, polo que o Executivo municipal está a traballar para retomar ao longo do ano próximo o proxecto do carril bus. “Estamos a manter conversas coa Compañía de Tranvías e cos e cas técnicas do Concello”, indicou o rexedor, que engadiu que, a intención é “retomar ese proxecto, sen que xere o descontento que no pasado creou, por exemplo a determinados colectivos, como o do comercio”. “Cremos que é esencial darlle prioridade ao transporte público”, observou.

Ferreiro reiteou esa “aposta decidida do Concello polo fomento do transporte público”, e a promoción de diversas formas de mobilidade, algo que tamén se recollerá no proxecto de orzamentos do grupo de Goberno para o próximo ano. “Esta mesma semana comezaremos a súa negociación cos grupos municipais co traslado do documento inicial. O que saia ao final dependerá moito de como se desenvolva o diálogo co resto de partidos, pero a nosa aposta é clara. Queremos centrar os investimentos en políticas de mobilidade, ambientais, políticas sociais e de emprego. Cremos que neste momento é fundamental centrarse nestas necesidades, polo que non haberá tanta aposta polo ladrillo como en anos anteriores, o que non significa que non vaia a haber obras, nin que se non se arranxen as beirarrúas”, explicou. “Apostaremos máis por investimentos de tipo social e aqueles, como os medio ambientais, que teñan que ver co modelo de cidade que queremos ter nun futuro”, dixo.

Nos micrófonos de Radio Coruña, e tamén a respecto da aposta do Goberno local pola mobilidade sostible (a entrevista ao alcalde desenvolveuse nun bus urbano da Compañía de Tranvías), Ferreiro destacou que “o Concello e o Ministerio de Fomento están chegando a puntos de acordo” con respecto ao proxecto de remodelación da Avenida da Vedra. “Hai avances nas reunións bilaterais que estamos a manter con técnicos de Madrid. O importante é acadar un proxecto que satisfaga as nosas demandas: ter unha verdadeira avenida urbana que non divida á cidade en dous e que, ademais, solucione os problemas de mobilidade”.

A %d blogueros les gusta esto: