coruna 01/12/2015

O alcalde insiste en que “canto máis formada estea a nosa sociedade, máis complicado será que caia en mans de corruptos”

by Victor Lamela

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, destacou a importancia da formación e da educación pública nunha sociedade para que esta poida avanzar. “Para que se non se deixe enganar e non sexa pasto das corruptelas”, dixo, recordando as palabras do presidente uruguaio José Mújica. “Esta mañá, a Fundación Barrié entregou os premios Spin Off, proxectos innovadores que adoitan xurdir no seu doutras entidades e organizacións, na maioría dos casos, nas universidades. Son un reflexo, polo tanto, da necesidade que ten un pobo de formarse e de progresar en institucións públicas que garantan o acceso a toda a cidadanía”, dixo o rexedor, que fixo fincapé en que “a maior discriminación é aquela que non permite progresar, a que limita o nivel de formación que unhas outras outros podemos acadar en función do grosor dos nosos petos”.

unnamed

O alcalde quixo distinguir aos galardoados ­­ Celtaga Extract, Situm Technologies e Imatia­­, todos nados ao abeito das universidades galegas. “Os poderes públicos con competencia na materia deben coidar á universidade, e as leis estatais deben permitir aos concellos poder participar naqueles proxectos que sirvan para poder impulsar unha sociedade, como unha Fundación para apoiar a innovación e o emprendemento creada pola Universidade da Coruña”, indicou o rexedor.

“Este Goberno ten moitas aspiracións para A Coruña, unha delas que sexa unha verdadeira cidade ilustrada, termo que tantas veces se repetiu durante anos, sen concretarse nunha realidade palpable. Unha cidade punteira na innovación, nas novas tecnoloxías e na Green

Economy. En proxectos que fan a vida dos nosos veciños e veciñas máis sinxela e que impulsan o noso concello social e economicamente. Traballamos para iso e esperamos a colaboración de todas as institucións e organismos con competencias”, dixo.

O alcalde tamén destacou a labor, no eido formativo e no apoio a proxectos innovadores, da Fundación Barrié. No acto, acompañaron, entre outras personalidades, ao mandatario coruñés, o conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodríguez, así como José María Arias, presidente da Fundación Barrié e Eduardo Rolland, presidente de Gciencia.

A %d blogueros les gusta esto: