coruna 05/22/2019

“O BNG sitúa como prioridades do próximo mandato a vivenda, o emprego e a mobilidade”

by Victor Lamela

A tres días do peche da campaña electoral, Francisco Jorquera, o candidato nacionalista á Alcaldía, incidiu hoxe nas políticas públicas que deberán conformar as prioridades do futuro goberno a partir de xuño. O BNG aposta por comezar o traballo atendendo ás necesidades en vivenda, emprego e mobilidade. E reclama “un goberno municipal con vontade de liderado e ambicioso, un novo goberno verdadeiramente transformador”

“Respecto do emprego”, indicou Jorquera, “as políticas do Concello deben ter unha visión transversal e debe entenderse que, a nivel local, o investimento xera emprego, que a dinamización dos mercados locais e do pequeno comercio xera emprego, pero alén diso é preciso que o Concello lidere un plan estratéxico para revitalizar a economía e, a medio prazo, ir mudando o modelo produtivo”. Joquera, que a semana pasada nun almorzo no Colexio de Economistas da Coruña, propuxo a creación do Consello Económico e Social municipal como “o espazo no que definir esa estratexia”, insistiu na necesidade de adoptar unha visión comarcal e reclamou que o Concello “lidere tamén a defensa do sector industrial como base dunha economía produtiva xunto a pesca e as actividades marítimas” e pediu que se empece a pensar A Coruña como unha gran área económica que abrangue desde o Golfo Ártabro até Carballo e a comarca de Bergantiños.  

Sobre as políticas de mobilidade, Jorquera incidiu nas implicacións destas actuacións sobre a dinamización económica, e dixo: “recuperar espazos para os peóns, e mellorar a accesibilidade e a mobilidade nas rúas tamén contribúe a ter rúas vivas, limpas e seguras e facilita a rexeneración do comercio de proximidade e, xunto a isto, dinamismo económico e creación de emprego”. Jorquera insistiu en que as políticas de mobilidade deben incluír as conexións cos polígonos, “con novas liñas de autobuses que unan os barrios cos polígonos e os concellos da contorna entre si e cos polígonos”.

Por último, respecto do problema do acceso á vivenda, o candidato nacionalista volveu reclamar que “a vivenda sexa un dereito, non un privilexio”, alertou sobre a subida dos prezos no mercado inmobiliario e do stock de vivendas baleiras que permanecen fóra dese mercado. “Crearemos un banco público de vivendas para o alugueiro a prezos taxados, cunha reserva para menores de 30 anos, como método de incidir nos prezos do alugueiro”, afirmou, “e facilitaremos a rehabilitación de vivendas con axudas aos propietarios para incentivar que esas vivendas, reformadas, en base a unha normativa máis flexíbel que permita adaptar os pisos ás necesidades habitacionais actuais, entren tamén no mercado do alugueiro”.

Jorquera que dedicou a mañá a atender entrevistas radiofónicas, participou pola tarde no debate a 5 organizado por Radio Voz e La Voz de Galicia na sede da Fundación ONCE. Este xoves, o candidato nacionalista centrará a súa actividade nun acto nos peiraos de Oza con Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamento Europeo, e no mitin central da campaña na Coruña [ás 20.00 horas nos Xardíns de Méndez Núñez] no que estará acompañado pola portavoz

A %d blogueros les gusta esto: