coruna 09/22/2019

O Campionato da Coruña inicia a senda “verde” do tríatlon español

by Victor Lamela

A concellería de Deportes anuncia que a sustentabilidade marcará a celebración das carreiras que terán lugar durante o Campionato de España de Tríatlon que decorrerán polo arco costeiro da Coruña os días 28 e 29 de setembro. O material reutilizable, as actividades de sensibilización do público e as áreas de separación de residuos son tres das accións que impulsaron o campionato a ser a primeira que leva a marca “Sustainable sport event”.

O deporte non só ten que esforzarse en gañar carreiras, senón tamén en loitar polo planeta. Esa é a filosofía absolutamente compartida polo Concello da Coruña e a Federación Española de Tríatlon, organizadores do evento deportivo que trae uns mil participantes deste deporte á capital galega.

As liñas de actuación desenvólvense en tres áreas, segundo o seu público. Aos e ás triatletas entregaráselles unha botella de aluminio reutilizable logo da súa acreditación como participantes. Cada un recibirá tamén unha bolsa de poliéster reciclado, que contén todo o material de carreira. A botella de aluminio considérase un agasallo capaz de concienciar sobre o abuso de pequenas botellas de auga dun só uso.

Por outra banda, o aprovisionamento das transicións, María Pita e A Mariña (tras o Rosalía) disporán de colectores de lixo para os diferentes residuos orgánicos e inorgánicos. E por último, algunhas empresas colaboradoras, como Coca Cola, estarán involucradas en actividades lúdicas relacionadas co medio ambiente e a reciclaxe, con actividades de entretemento e paneis informativos sobre o respecto ambiental necesario na vida actual.

Así mesmo, tanto o voluntariado como as persoas que compoñen o staff técnico da carreira recibirán botellas de aluminio que se poden encher en dispensadores de auga. Estas persoas non poderán usar pequenas botellas de auga.

O campionato comeza un camiño sen retorno de cara á sustentabilidade, xa que o mundo do tríatlon irá progresivamente adaptándose ás novas causas universais de aforro enerxético e xestión sustentable.

A %d blogueros les gusta esto: