Exposición 27th febrero 2019

O cemiterio de San Amaro acolle dende este sábado e durante todo o mes de marzo roteiros que apelan á memoria feminista da cidade

by Victor Lamela

As actividades municipais con motivo do vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, teñen un profundo carácter transversal e abarcan distintas temáticas. Deste xeito, durante todo o mes de marzo, a cidade acollerá dous roteiros en clave feminista que tratar de dar a coñecer o labor das mulleres que traballaron a prol da transformación social da cidade. O primeiro deles, titulado ​A memoria das mulleres, consiste nunha visita guiada polo cemiterio de San Amaro, cun posterior concerto na capela, que ten como obxectivo dar a coñecer ás mulleres relevantes en distintos eidos da historia da cidade que están enterradas nestes simbólico espazo. O roteiro inaugural terá lugar este sábado, 2 de marzo, en horario de 12.00 a 13.30 horas e repetirase os vindeiros días 9, 23 e 30. A inscrición para esta actividade pode facerse a través do correo electrónico ​medioambiente@coruna.es​.

O segundo dos roteiros dentro do programa municipal terá lugar o sábado 16 de marzo e leva por título ​As guerreiras dos dereitos na cidade de cristal.​ Tamén en horario de mañá –neste caso de 11.30 a 13.30 horas–, trátase dunha guía teatralizada que percorrerá o centro urbano e na que se relatará a conexión das mulleres e da cidade coa loita polos dereitos humanos, os dereitos das mulleres –como a loita por unha vida digna, a educación, o traballo ou a liberdade sexual– e a relación entre urbanismo e feminismo. Este roteiro, que será accesible para persoas con mobilidade reducida e para persoas xordas, é gratuíto. A inscrición poder facerse a través do webwww.coruna.gal/igualdade​.

Bibliotecas

Ademais dos roteiros que se inician esta semana, a biblioteca do centro Ágora inaugura este xoves, 28 de febreiro, a exposición ​A saia raíña​, da poeta e escritora Rita Más Ybáñez. Trátase dunha mostra baseada en testemuñas audiovisuais de mulleres enloitadas de Galicia que trata de dar voz a veciñas que nunca foron escoitadas e que, ao longo os anos, mantiveron uns costumes que desvelan a desigualdade existente entre homes e mulleres, así como a súa participación na vida social. As fotografias, vídeos e gravacións que compoñen a exposición foron recollidas ao longo de seis anos en distintas aldeas, municipios e cidades galegas.

A concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, e o titular de Culturas, José Manuel Sande, estarán presentes este xoves ás 19.00 no acto de inauguración. A mostra quedará aberta ao público até o vindeiro 17 de abril.

A %d blogueros les gusta esto: