coruna 06/11/2019

O centro de coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros) comeza as súa actividade formativa para emprendedores

by Victor Lamela

Esta mañá emprendedores e emprendedoras, promotores de pequenas empresas, profesionais independentes, traballadores en activo e persoas en busca de novas oportunidades laborais tiveron a oportunidade de almorzar con Felipe García Rey, formador, motivador e mentor de equipos comerciais, de venda e de atención ao cliente.

No currículum deste relator destaca a súa experiencia en equipos comerciais de empresas como El Corte Inglés, Vobis, Amena ou Ono, chegando a ser o responsable comercial e territorial de clientes gran conta de Ono para Galicia, así como formador interno. Actualmente colabora con grandes empresas como Michelin, Sanitas, El Corte Inglés, Cadena Ser ou Bureau Veritas, así como con diversas escolas de negocio e consultoras de formación, tanto para España como Latinoamérica.

O almorzo comezou cunha breve exposición sobre a importancia das habilidades de venda e comerciais, que continuou nun formato máis distendido de “pregunta-resposta” no que todos os asistentes tiveron a oportunidade de plantexar ás súas cuestións e de conversar con Felipe García Rey.

As persoas asistentes recibiron a información necesaria e indispensable para desenvolver habilidades comerciais e consellos sobre como actuar para pechar máis vendas cos clientes.

Este evento enmárcase dentro das numerosas actividades formativas e de networking que se realizan dentro do espazo de traballo colaborativo (coworking) do Pazo de Arenaza, cuxa posta en marcha, xestión, coordinación e dinamización enmárcanse dentro da liña PEL-EMPRENDE do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.

Dentro dos eventos programados para os vindeiros días atópanse os seguintes:

 

Xest-hora

Actividade formativa que terá lugar todos os mércores no Pazo de Arenaza co obxectivo de axudar aos coworkers nas xestións coa Administración.

 

Business Bites – Como potenciar a colaboración dos teus equipos con Trello

O xoves 20 de xuño terá lugar un obradoiro formativo de utilización da ferramenta Trello, analizando fluxos de traballo e algúns principios de produtividade persoal para mellorar a efectividade.

 

EnReDando

O xoves 27 de xuño celebrarse un evento de networking no que diferentes profesionais que contarán as súas vivencias no entorno laboral nunha charla distendida e amena.

Neste evento realizaranse exposicións e presentacións breves, sinxelas e informais en público co obxectivo de xerar debate e intercambiod e boas prácticas entre os asistentes.

 

#FreelancersDay 2019

O xoves 4 de xullo celebrase o Día do Orgullo Freelance, no que centos de persoas en coworkings de toda España reuniranse para compartir experiencias, facer networking e celebrar o emprendemento.

Mediante píldoras, debates e relatorios abórdanse diversas cuestións que afectan directamente ás persoas emprendedoras:

  • Novo paradigma laboral.
  • Primeiros pasos como independente.
  • Trámites legais: financiación e fiscalidade.
  • Transformación dixital.
  • Posicionamento de marca persoal.
  • Xeración de contidos.
  • Comercio electrónico e infoprodutos.
  • Servizos, produtos e vendas.
  • Conciliación, benestar e estilo de vida.
  • Xestión do tempo e produtividade.
  • Traballo en remoto e nómadas dixitais.
  • Formación e desenvolvemento profesional.
  • Innovación e emprendemento.
  • Networking e xestión de clientes.

Na actualidade, o coworking do Pazo de Arenaza xa é o centro de traballo de 16 emprendedores e empredendoras. A todos eles se lles facilita un espazo físico temporal, a utilización de espazos común (salas de reunión, zonas de descanso…),  servizos de reprografía, internet, telefonía, asesoramento legal e administrativo Arenaza, ofrece servizos complementarios avanzados como unha orientación estratéxica (acompañamento e mentorización), creatividade e innovación, seminarios de creación de cultura creativa, obradoiros de deseño de servizos, acceso a fontes de financiamento, encontros con bussines angelse entidades de capital risco, delgacións virtuais, acceso aos outros espazos de traballo da Rede, servizos de formación grupal para beneficiarios/as , viaxes de aprendizaxe, etc.

Todas as persoas interesadas en solicitar un posto de traballo no coworking do Pazo de Arenaza ou en asistir a algún dos eventos poden atopar información actualizada na páxina web do espazo:https://arenaza.pel.gal/gl

A %d blogueros les gusta esto: