coruna 10/12/2015

O ciclo ‘O centro non pode resistir’ levará á Fundación Luis Seoane unha escolma da “modernidade cinematográfica”

by Victor Lamela

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de presentar o encontro audiovisual ‘O centro non se pode resistir’, un evento cinematográfico que desde este venres, día 11, e ata o 20 de decembro achegará á Fundación Luis Seoane 16 proxeccións de cineastas como o chinés Jia Zhang­he, os estadounidenses Jem Cohen ou Sharon Lockhart, os franceses Nicolas Provost ou Jean­Gabriel Périot, ou os españois Chus Domínguez, Miguel Aparicio e o galego Eloy Domínguez Serén. O ciclo completarase cunha m asterclass p or conta do cineasta portugués Gabriel Abrantes e un obradoiro de seguimento de proxectos impartido polo colectivo de artistas Cabello/Carceller, que acaba de representar a España na Bienal de Venecia. Trátase, como destacou este mércores o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, “dunha escolma de parte dos autores modernos máis interesantes, un ciclo variado, que conforma un percorrido pola modernidade cinematográfica, da man dun dos críticos españois máis importantes, como é José Manuel López”. O responsable municipal incidiu tamén no propio título do ciclo e a idea das “periferias resistentes”, e salientou a “temáticas comúns” que conectan as obras elixidas.

O ciclo de cine comeza o venres e se desenvolverá en seis sesións, o propio día 11, o 12, 13, 15, 16 e 17 deste mes, todas ás 20.30 horas. Ademais, os días 12 e 13 terá lugar a m asterclass d e Cabello/Carceller, un colectivo artístico formado por Helena Cabello (París, 1963) e Ana Carceller (Madrid, 1964), que ten proxección internacional polo seu traballo, centrado en desenvolver a temática de xénero e as cuestións relacionadas coa identidade, e que ten participado en importantes colectivas no Brooklyn Museum, Nova York; MMOMA, Moscu Museum of Modern Art, Moscú ou Akademie der Künste, Berlín, entre outros. Será o sábado, entre as 11.00 e as 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e o domingo de 11.00 a 14.00 horas. O sábado 12 haberá tamén unha conferencia, ás 19.30 horas, de entrada libre.

Os días 19 e o 20 terá lugar a m asterclass de Gabriel Abrantes, cineasta que participou en festivais como os de Venecia, Toronto, Londres ou Róterdam, e cuxa obra segue unha liña de contacto entre o cine e as artes visuais e abrangue temas como a inmigración, o poscolonialismo e a guerra baixo un tono irónico cunha ollada sen tabúes. Será o venres 19 de 16.00 a 20.00 horas e o sábado, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.19.00 horas. O mesmo sábado, ás 19.30 horas, Abrantes impartirá tamén unha conferencia gratuíta.

Todas as actividades do ciclo serán de balde, previa inscrición; as persoas interesadas en participar en algunha delas terán que enviar un correo a actividades@fundacionluisseoane.gal.

A %d blogueros les gusta esto: