coruna 01/07/2016

O CMIX abre o prazo de presentación de fotografías para a XIII edición do concurso ‘Viaxarte’

by Victor Lamela

AConcellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), vén de convocar a XIII edición do concurso de fotografía de viajes Viaxarte,destinado a mozos e a mozas de entre 15 e 30 anos.

As fotografías presentadas a este concurso teñen que estar relacionadas coa temática viaxeira. Un xurado especializado valorará a proposta expresiva, a correción técnica e a capacidade evocadora da viaxe. O prazo de admisión de orixinais manterase aberto até o 2 de setembro de 2016, e a mellor fotografía e a mellor serie fotográfica, serán premiadas con viaxes ás principais capitais europeas. As obras presentadas serán expostas a partir de outubro na sala Plataforma 14 do Fórum.

Toda a información sobre o concurso poderase obter no Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), ubicado no Fórum Metropolitano, na páxina web www.coruna.es/viaxarte, ou no teléfono 981.18.42.94

A %d blogueros les gusta esto: