coruna 05/02/2016

O concelleiro de Rexeneración Urbana reúnese con Repsol, ao que lle pide que cumpra os prazos para o traslado ao Porto Exterior

by Victor Lamela

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, visitou este xoves as instalacións da Refinería de Repsol e mantivo unha reunión co director da mesma, Luis Felipe Llamas, e o resto de equipo de dirección, un encontro “moi cordial” no que se abordaron distintos asuntos, e no curso do cal Varela trasladou a necesidade de que a empresa cumpra os prazos previstos para trasladar as súas instalacións ao Porto Exterior de punta Langosteira, fixados no 2018, un compromiso que confirmaron desde Repsol. No Pleno do pasado mes de decembro, o Concello aprobou unha moción en defensa do uso público dos terreos dos peiraos do porto urbano e contra a especulación do solo nese ámbito.

unnamed

Despois da xuntanza, parte do equipo directivo acompañou ao concelleiro nun percorrido polo interior das instalacións, como o parque de seguridade, onde Varela foi informado dos medios e procesos de seguridade do complexo, cos que se amosou, indicou, “moi satisfeito”. O edil tivo oportunidade de coñecer tamén unha das dúas salas de control existentes nas dependencias, os centros onde se fai seguimento dos procesos da Refinería. Na visita o responsable municipal tamén foi informado doutros aspectos relacionados coa seguridade, coa actividade e coa sostibilidade e o medio ambiente. Neste sentido, o concelleiro quedou de abordar actuacións conxuntas entre o Concello e Repsol na área urbana da contorna das instalacións, e cualificou o encontro como “moi produtivo”.

A %d blogueros les gusta esto: