Trafico 09/09/2019

O Concello aborda obras de mantemento en distintos barrios da cidade

by Victor Lamela

O Goberno local aborda obras de mantemento en distintos barrios con máis de dez actuacións en diferentes rúas da cidade. A maioría céntranse en melloras na seguridade viaria, a accesibilidade e a mobilidade nas contornas urbanas. Actuacións que serven para garantir a calidade e seguridade dos espazos públicos facéndoos accesibles para os veciños.

As obras forman parte do plan de mantemento que o departamento de Infraestruturas realiza por toda a cidade. O Concello iniciou estes días os traballos de execución dun novo paso a peóns na estrada do Ofimático, na zona do supermercado Lidl. Tamén o cruzamento da rúa Montevideo con Cabaleiros conta cun novo paso a peóns que garanta a accesibilidade ós vecinos e veciñas.

Outra das actuacións previstas dentro deste proxecto é o asfaltado na rúa de Marola, no barrio de Monte Alto. Trátase de prolongar as obras de pavimentación nesta zona a petición vecinal tras os traballos de peonalización que levaron a cabo na tripla intersección de Marola, con rúa Doutor Ferraz.

O barrio de As Xubias de Arriba xa conta cunha nova parada de bus despois de que nos últimos días acometéranse estes labores, agora só pendente de que finalicen os traballos de instalación da marquesiña e sinalización viaria. Ademáis, segundo explicaron os técnicos municipais, están a piques de finalizar as tarefas na rotonda Porlier, no barrio de Matogrande, que mellorará a seguridade viaria e a fluidez do tráfico.

Por outra banda, realizáronse obras na rede de sumidoiros na rúa José Baldomir e en Matogrande, e de saneamento na rúa Almirante Eulate.

A %d blogueros les gusta esto: