Conciertos 8th abril 2018

O Concello abre a convocatoria de ‘Cultura de Barrio’, que busca “dar apoio ás entidades e colectivos da cidade e contribuír á descentralización das actividades”

by Victor Lamela

​O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou no Pazo de María Pita a convocatoria de subvencións culturais Cultura de Barrio​, un programa municipal que se creou o pasado ano co obxectivo de “dar apoio ás entidades e colectivos da cidade e contribuír así á descentralización da programación cultural e aumentar a capacidade para operar en accións de carácter sociocomunitario”. A convocatoria de axudas, que este ano pasan a ter carácter de subvención, que se publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia e que está aberta ata o 7 de maio, destina 100.000 euros en total, aínda que a cuantía máxima á que poderá optar cada proxecto ascende a 8.000 euros.

O edil apuntou que a esta convocatoria pódense presentar colectivos e entidades constituídos como tal pero tamén permite que outras con recoñecida traxectoria e non rexistradas formalmente poidan optar ás subvencións se cumpren o requisito de ter realizado un proxecto cultural anual no termo municipal nos últimos dous anos. Unha comisión especializada será a encargada de valorar os proxectos, que deberán ser abertos ao público xeral, gratuítos e que se trate de accións culturais que apoien o desenvolvemento comunitario dos diferentes barrios na cidade. O comité experto valorará tamén outras cuestións relevantes, como que a iniciativa inclúa un plan de comunicación ou a realización de proxectos conxuntos con outras entidades, xa que “está probado que a interacción entre entidades enriquece moito os traballos”. Neste sentido, Sande referiuse aos 17 proxectos que foron aprobados o pasado ano dentro do programa Cultura de Barrio, dos que dixo “tiveron resultados moi afortunados, con riqueza e variedade de proxectos”. Así, lembrou que os colectivos propuxeron inicitivas que ían desde o ámbito científico, de recuperación da memoria histórica ou artísticos nas súas diversas facetas, que “propoñía actividades ou vías que non existían” dentro da programación cultural da cidade. O prazo de resolución estimado é de dous meses.

A %d blogueros les gusta esto: