coruna 03/11/2015

O Concello abre o prazo de solicitude para os cursos de formación para o emprego

by Victor Lamela

A Concellería de Emprego e Economía Social abre desde hoxe e até o día 14 o prazo de presentación de solicitudes para participar nos cursos de formación para o emprego correspondentes á programación 3/2015, aos que poden optar todas as persoas en situación de desemprego, ou que optan a mellora de emprego, que residan no municipio coruñés.

Os cursos, con duracións que van desde as 30 ata as 580 horas, abranguen disciplinas como a programación de máquinas de control numérico, o desenvolvemento de APPS de sistema operativo iOS, montaje de redes locais de datos con fibra óptica, manexo de carretilla elevadora de carga ou a homologación de soldadura en posición 2F a 4F e en posición 3G a 6G . A oferta inclúe tamén un curso de montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas e outro curso de eficiencia enerxética de edificios.

Cada solicitante poderá presentarse a un máximo de dous cursos, de xeito que as solicitudes posteriores dunha mesma persoa quedarán excluídas. A s persoas interesadas poden obter máis información no Centro Municipal de Emprego de Os Rosales (981 184 399) e no teléfono de información municipal 010.

A %d blogueros les gusta esto: