coruna 11th enero 2018

O Concello acomete os repavimentación na rúa Veramar, cos que completa unha intervención de 120.000 euros que mellora a seguridade e a accesibilidade

by Victor Lamela

O Concello da Coruña vén de iniciar a retirada e reposición do firme da calzada da rúa Veramar. Trátase da última fase dunha actuación na citada rúa que ten un custo global de case 120.000 euros e que servirá para mellorar notablemente a calidade, seguridade e conectividade do espazo público da zona, facéndoo accesible para a veciñanza residente na rúa. Con anterioridade ao inicio dos traballos de repavimentación, os servizos municipais xa levaron a cabo a construcción dunha glorieta no extremo da rúa máis cercano ao Paseo Marítimo. Esta actuación é, segundo explica o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, especialmente significativa, xa que “con ela se melloran de forma notoria as condicións de cruce e de manobra, así como o rango dos vehículos que poderán usar este vial, que seguirá a manter o seu doble sentido”.

O edil sinala que, na liña das intervencións postas en marcha polo goberno local no espazo público, esta intervención tamén conleva unha mellora na accesibilidade e seguridade do vial. “Con esta obra conseguimos ampliar a beirarrúa en toda a lonxitude contigua aos bloques de vivendas de Pelamios”, explica, para engadir que, desta forma, “a beirarrúa consigue un ancho accesible, cuestión especialmente trascendente para este conxunto de inmobles, xa que as restantes conexións que teñen co barrio contan con pendentes pronunciadas e barreiras arquitectónicas”. Ademais, como en toda obra de reurbanización acometida polo Concello, a execución da mesma aproveitouse para revisar, renovar e mellorar as canalizacións municipais. “A obra comportou ademais unha serie de pequenos axustes e arranxos no mobiliario urbano, no que traballos de son varandas, luminarias e contedores, de cara a adaptalas ás novas condicións do espazo público”, incide.

Pola súa banda, o responsable de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, indica que “as previsións municipais pasan por rematar as actuacións neste ámbito nas próximas semanas xa que, unha vez culminen os traballos de renovación da calzada, abordaranse as últimas actuacións en materia de pintura e sinalización vertical”.

A %d blogueros les gusta esto: