coruna 16/01/2021

O Concello cancela as festas do Entroido na cidade debido á crítica situación sanitaria

by Victor Lamela

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o Concello da Coruña vese na obriga de cancelar as festas do Entroido na cidade debido á “situación sanitaria tan crítica que estamos vivindo”. Sinalou que desde o consistorio xa se lle comunicou ás comparsas e que o “entenderon perfectamente”.

Rey manifestou que o Concello organizará unha exposición fotográfica en varios puntos da cidade sobre o Entroido, con imaxes históricas, e que se estuda a realización dun concurso de disfraces virtual: “Este ano non poderemos gozar desta festa que tanta tradición ten na Coruña, pero faremos actos simbólicos e culturaisque non impliquen agrupacións de persoas”.

A %d blogueros les gusta esto: