Ayuntamiento 03/29/2019

O Concello convida á cidadanía a sumarse mañá ás actividades organizadas na praza de María Pita para celebrar a Hora do Planeta

by Victor Lamela

O Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, súmase mañá, sábado, ás actividades organizadas con motivo da Hora do Planeta, unha iniciativa internacional que impulsa a ONG Adena WWF e na que participan cada ano cidades de todo o mundo, ademais de entidades, centros educativos, empresas e particulares, para amosar o compromiso na loita contra o cambio climático e a favor das enerxías limpas e a eficiencia enerxética. Deste xeito, desde as 18.00 e ata as 22.00 horas, a praza de María Pita acollerá a celebración da Hora do Planeta, con actividades destinadas a todos os públicos, entre as que se conta a creación dunha imaxe con candeas que simboliza o planeta cun +60. Tamén haberá actividades de animación para o público infantil, como a decoración de murais alusivos á protección ambiental e unha actuación musical. Posteriormente, entre as 20.30 e as 21.30 horas está previsto o apagado das luces da praza e o acceso das candeas do mosaico. Ademais, outros monumentos da cidade, como a Torre de Hércules, apagaranse tamén coincidindo co mesmo horario. Durante a xornada repartirase información a viandantes e locais de hostalería, do mesmo modo que, en días pasados, tamén se distribiu nos centros cívicos da cidade. Entre os documentos que se ofrecerán á veciñanza figuran dípticos con información sobre a xornada e un mapa do ceo, falicitado pola asociación astrómica IO.

Estas accións súmanse, como indica a concelleira de Medio Ambiente, María García, á liña de traballo que segue o Concello no seu compromiso coa loita contra o cambio climático, “xa que falamos do maior desafío global para as proximas décadas, e que require dunha actuación decidida e firme das administracións”.

A %d blogueros les gusta esto: