Fotografía 7th octubre 2018

O Concello convoca o concurso fotográfico para o Calendario Municipal 2019, que renderá homenaxe á memoria e á historia da cidade

by Victor Lamela

​O Concello da Coruña abrirá mañá, 6 de outubro, o prazo de presentación de propostas para participar no concurso fotográfico ‘Calendario Municipal 2019’, que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que o ente municipal edita cada ano –que se completa con 12 imaxes antigas– e, en caso de decidilo así o xurado, elixir tamén a foto da primeira páxina do mesmo. Nesta edición, a temática das fotografías versará sobre ​A Coruña da memoria​, co obxectivo de render homenaxe á historia da cidade a través do seu patrimonio, dos espazos emblemáticos e simbólicos, tanto a nivel arquitectónico como sentimental, que forman parte do pasado, do presente e do futuro de todos e todas as coruñesas.

As persoas que queiran participar poderán facelo con até un máximo de tres fotografías en cor, cuxo formato será un arquivo dixital en formato JPG cun mínimo de 3 megapíxeles e sen levar ningunha marca identificativa da súa autoría. Os traballos deberanse enviar ao enderezo electrónico ​concursofotografico@coruna.es​, como arquivo adxunto –no caso de que o envío teña máis dunha fotografía, deberá ser un arquivo Zip– ou pola plataforma We Transfer, e indicando no asuntodocorreoalenda ‘Concursocalendariomunicipal2019’.Oprazoderecepcióndeimaxes estará aberto desde mañá, sábado, até o martes 6 de novembro. As bases completas do certame están dispoñibles na páxina principal da web municipal, ​www.coruna.gal

O xurado, que estará composto por sete membros nos que se incluirán integrantes do Colectivo Fotoxornalistas Coruñeses e concelleiros e concelleiras da corporación municipal, fallará os premios antes do día 10 de novembro, coa elección de 12 fotografías de 12 participantes diferentes, ademais doutras 6 propostas que integrarán a lista de reserva; tamén, no caso de que así o considere por cuestión de calidade, o xurado poderá seleccionar unha fotografía para a primeira páxina.

As persoas gañadoras desta edición recibirán como premio un exemplar da obra de ​Gerda Taro. La sombra de una fotógrafa,​ de François Maspero –editado por La Fábrica–, un exemplar deChoqueiros. Breve crónica histórica do carnaval coruñés,​ de Xosé Alfeirán –editado polo Concello da Coruña– e un ano (2019) de acceso gratuíto aos museos municipais, ademais de dez copias do almanaque, no que aparecerán publicadas as fotografías gañadoras coa sinatura dos autores e das autoras.

A %d blogueros les gusta esto: