coruna 24th junio 2018

O Concello da Coruña asina un convenio de colaboración co Fondo Galego de Cooperación para favorecer a realización de actividades de sensibilización sobre as desigualdades

by Victor Lamela

​O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou un convenio coa secretaria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Andrea García Corzo, mediante o cal Concello e entidade sen ánimo de lucro establecen un acordo de colaboración para o desenvolvemento, na termo municipal, de actividades de sensibilización nas desigualdades a nivel global. A entidade, que engloba unha asociación de carácter municipalista que agrupa a concellos e deputacións, recibirá unha subvención nominativa de 20.022,79 euros para a realización destas iniciativas durante este ano. Entre as mesmas, prevese a posta en marcha dun concurso de murais para o fomento e visibilización dos Obxectivos do Desenvolvemento 2020.

A responsable municipal de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, quen foi elixida vogal na Comisión Executiva do Fondo Galego en setembro de 2015, salientou que o convenio “permitirá afondar e desenvolver con axentes especializados unha actividade de interese social para o conxunto da cidadanía”, xa que a entidade deberá poñer en marcha propostas que favoreceran unha maior comprensión da realidade dos países do sur entre a veciñanza, “á vez que trasladan a necesidade de adoptar un compromiso ético na loita contra as desigualdades e a favor da erradicación da pobreza”.

“O Concello da Coruña ten un fondo compromiso na loita contra as desigualdades, tal e como fan constar as políticas públicas postas en marcha nos últimos tres anos, e que abranguen medidas como a Renda Social Municipal ou os convenios contra a pobreza enerxética. Este convenio permitirá afondar, desde o ámbito local, no necesario papel activo da cidadanía na procura dunha xustiza social universal”, expuxo Fraga.

A %d blogueros les gusta esto: