coruna 02/12/2020

O Concello dá o primeiro paso para retomar o proxecto do corredor verde de Novo Mesoiro

by Victor Lamela

O concello, a través da Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade, comezou esta mañá os traballos de limpeza e roce do espazo que conflúe entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume, en Novo Mesoiro.

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou que a zona “estaba totalmente descoidada, o seu acondicionamento era necesario” e que se trata xa “dunha demanda histórica que o actual goberno ten o compromiso de desbloquear”. A rexedora anunciou que “a posta a punto deste espazo será o punto de partida para o proxecto do corredor verde que tantos anos levan reclamando as e os veciños do barrio de Novo Mesoiro”. A decisión tómase tras analizar o Goberno local o estado do convenio e a titularidade dos terreos a raíz da visita da alcaldesa, do concelleiro de Urbanismo e da edila de Medio Ambiente á zona.

Desde o Goberno local aseguran que o proxecto, para o que os veciños e veciñas cederon os terreos pero non se levou a cabo xa que caducou en setembro de 2015, será retomado e consensuado coa veciñanza. Ademais, considérase imprescindible que o espazo “dispoña de accesibilidade para todas as persoas”, tendo en conta as da terceira idade e as de mobilidade reducida.

A %d blogueros les gusta esto: