Uncategorised 25th noviembre 2018

O Concello ensaia un servizo de reparto en bicicleta “gratuíto, sostible e de proximidade” no mercado de San Agustín co obxectivo de estendelo a máis prazas municipais

by Victor Lamela

A Concellería de Emprego e Economía Social incorpora no mercado municipal de San Agustín un proxecto piloto de reparto “gratuíto, sostible e de proximidade”, baseado na bicicleta, “para testar a acollida deste novo servizo antes de estendelo a outras prazas”. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, salienta que este servizo é unha liña de acción das recollidas no Plan de Dinamización de Mercados para potenciar o seu crecemento e ampliación de opcións e servizos e avanza que este proxecto piloto está a ter bos resultados. “Queremos manter os grandes valores dos nosos mercados pero modernizándoos para que sexan máis rendibles e, por tanto, mellores, máis útiles, diversificados e visibles para a cidadanía. Este servizo complementa a boa atención dos mercados e dá máis opcións á clientela que quere acceder a produtos de calidade e proximidade, polo que estamos estudando a súa implantación noutros mercados municipais unha vez se analicen os resultados deste piloto”, apunta.

Esta experiencia inicial permite que os martes, venres e sábados sexa posible facer compras na praza de San Agustín e envialas a través do reparto en bicicleta, un servizo que está pensado para atender só a area de influencia do mercado “co obxectivo de fomentar o comercio tradicional e de proximidade”. O Concello asume os gastos, tanto da clientela como dos e das comerciantes, polo que se trata dun envío gratuíto sempre que se cumpran cos requisitos de peso, gasto mínimo e distancia. Así, o servizo só está dispoñible para compras que superen os 10 euros por posto e o peso dos produtos non poderán superar os 15 quilos se proceden do mesmo posto nin os 45 quilos nun máximo de tres espazos. O enderezo de envío debe corresponderse ao barrios de Cidade Vella, Zalaeta-Orzán, Atochas-Campo da Leña ou Pescaría.

A %d blogueros les gusta esto: