coruna 13/05/2016

O Concello firma un convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria para a realización da regata Tall Ships Race este agosto

by Victor Lamela

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou co presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, un convenio de colaboración entre Concello e Porto coruñés de cara á realización da regata Tall Ships Race, que recalará na cidade entre os días 11 e 14 de agosto. No Pazo de María Pita, ambas institucións públicas acordaron regular as relacións que manterán de cara a organización do evento, que fará que durante unhas xornadas o municipio “sexa punto de mira internacional a nivel deportivo”, así como realizar un seguimento do cumprimento do protocolo mediante a creación dunha comisión específica para tal obxecto.

1

Deste xeito, o Porto autoriza ao Concello a facer uso, sen custo algún, das superficies terrestres da súa titularidade necesarias para desenvolver a actividade (situadas concretamento no ámbito dos peiraos de Transatlánticos, Batería e Calvo Sotelo) entre o 1 e o 16 de agosto. A autorización de uso destas zonas portuarias, segundo se estipula no convenio, “abranguerá a instalación de carpas e casetas desmontables para a localización de centros deportivos, recintos de recepción, salas de exposicións, stands de empresas, oficinas, elementos audivisuais, colocación de cateris publicitarios”, e calquera outras instalación que, a xuízo da Administración local, fose precisa para o desenvolvemento da regata.

Igualmente, a Autoridade Portuaria autorizará a atracada dos barcos da Tall Ships Race e a subministración de combustible aos mesmos, mediante camións cisterna, así como tamén dará o visto e prace a instalación de duchas, aseos e servizos de lavandería que sexan de uso exclusivo das tripulacións. O Concello asumirá a execución e aboamento das instalacións de acometida das redes de saneamento de auga e enerxia eléctrica que fosen precisas para facilitar eses subministros.

Do mesmo xeito, a Administración municipal farase cargo da seguridade das zonas portuarias cuxo uso se autoriza, así como a limpeza das zonas e a recollida de lixo procedente de frota de barcos atracados participantes na regata.

Co obxectivo de garantir que Concello e Porto cumpran coas responsabilidades estipuladas, ambos organismos acordaron tamén que comisión de seguimento que se creará estará integrada por dous representantes de cada unha das entidades.

A %d blogueros les gusta esto: