coruna 09/21/2019

O Concello habilita itinerarios alternativos das liñas de bus para este domingo con motivo da Carreira da Muller

by Victor Lamela
  1. Con motivo da celebración da Carreira da Muller este domingo 22 de setembro, entre as 07.00 e as 13 horas cortarase o tráfico entre a rotonda as Esclavas ata a praza de Portugal e desde as 09.30 ata as 12.00 horas, aproximadamente, cortarase o tráfico no Paseo Marítimo entre Riazor e a glorieta da Torre de Hércules.

    Veranse afectadas as liñas de autobuses 3, 3A, 4, 6, 7 e 11 e a rede de transporte urbano.

    •   As liñas 3, 3A e 7 irán pola avenida da Habana, Alfredo Vicenti, praza Pontevedra e San Andrés.
    •   A liña 3A: desde San Andrés, rúa Sol, rúa Hospital, praza de España e rúa Orillamar.
    •   Liña 3: desde Adormideiras o fará pola avenida de Navarra, rúa da Torre, praza de España, rúa Panadeiras, Orzán, San Andrés e praza Pontevedra.
    •   Liñas 4, 6, 6A e 11: por rúa Sol, en vez de facelo pola rúa Alta.
    •   Liña 11: rúa Sol, Hospital, praza de España, rúa Orillamar, avenida de

      Navarra, ronda de Monte Alto e avenida de Hércules.

      Unha vez que as corredoras vaian pasando, irase recuperando a circulación polos itinerarios habituales.

A %d blogueros les gusta esto: