coruna 11th abril 2018

O Concello inicia este sábado os encontros do proceso colectivo para deseñar a xestión e os usos das Naves do Metrosidero

by Victor Lamela

A Concellería de Participación e Innovación Democrática iniciará este sábado, 14 de abril, a serie de encontros mensuais enmarcados no proceso de deseño colectivo dos usos e modelo de xestión das Naves do Metrosidero. En total, será oito encontros abertos á cidadanía, que terán lugar até o mes de decembro. Un equipo formado por persoal municipal de distintas áreas do Concello da Coruña acompañarán tecnicamente o proceso, co obxectivo de garantir a viabilidade das ideas e propostas que poidan xurdir ao longo do mesmo.

Despois da xuntanza celebrada o pasado 13 de marzo no Centro Cívico da Cidade Vella, na que o goberno local expuxo a proposta, o sábado abordarase, nun primeiro momento, cuestións vinculadas ao coñecemento da proposta inicial de usos do goberno local, presentada o pasado mes de decembro, así como dos espazos dispoñibles e o proxecto de obra prevista para cada unha das tres naves que se rehabilitarán, así como da zona exterior das mesmas. O obxectivo do encontro, que terá lugar entre as 10.00 e as 14.00 horas no mesmo equipamento municipal da Cidade Vella, e para o que non será necesaria a inscrición, será a realización dun diagnóstico de necesidades para acadar novas propostas de usos principais de cada unha das tres naves.

Nas seguintes xuntanzas, iniciaranse os traballos de análise sobre o modelo de xestón –maio e xuño–, e definiranse as principais características do uso de espazo. Entre os meses de xullo e outubro –no mes de agosto non haberá encontro– definiranse os usos específicos de cada unha das naves, así como do espazo exterior. Finalmente, en novembro e decembro, está previsto que se debata a proposta concreta de plan de usos e de xestión das Naves.

A %d blogueros les gusta esto: