coruna 18/11/2020

O Concello investirá máis de 250.000 euros en mellorar os campos de fútbol de San Pedro de Visma

by Victor Lamela

O Concello, a través da Concellería de Deportes, investirá máis de 250.000 euros en mellorar os campos de fútbol de San Pedro de Visma. Esta semana instalouse unha marquesiña lateral para protexer da choiva e do sol as espectadoras e os espectadores que visitan estes campos municipais para desfrutaren dos partidos e adestramentos. Ademais, o Goberno local sacará a licitación o proxecto xeral para instalar unha marquesiña que protexerá gran parte do recinto, desde as bancadas aos corredores que dan aos vestiarios.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que o Goberno que dirixe Inés Rey “escoitou as demandas dos pais e nais das crianzas que adestran e xogan nos campos de San Pedro de Visma e deulles esta solución, cun orzamento de 32.000 euros, que é un punto de partida para acabar de satisfacer as necesidades que cumprirá o proxecto xeral que está a piques de se sacar a licitación por un importe de 230.000 euros”. Desde Deportes agardan que o proxecto se licite antes de que finalice o ano para que poida ser executado durante o primeiro semestre de 2021.

A %d blogueros les gusta esto: