coruna 08/13/2019

O concello inviste 158.000 euros en mellorar a seguridade viaria en Matogrande e na avenida de Fisterra

by Victor Lamela

Se a climatoloxía o permitir, a semana que vén realizaranse traballos de asfaltado nocturnos en Matogrande e mais na avenida de Fisterra. Á falta das medicións finais, as obras teñen un custo estimado de 158.000 euros, 120.000 en Matogrande e 38.000 na avenida de Fisterra. Segundo a previsión acordada con Circulación, na noite do domingo 18 ao luns 19, de 23.00 a 7.30 horas, farase o fresado nas rúas Enrique Mariñas e Carlos Martínez Barbeito. Ao día seguinte, do 19 ao 20 de agosto pola mañá, estenderase o novo asfaltado en Matogrande.

Os equipos descansarán o 23 e 24 e, na noite do domingo 25 ao luns 26, realizarase o fresado na segunda zona, que abarca a rotonda de Díaz Porlier; repararanse tamén os tramos máis deteriorados da rotonda de Camilo José Cela. Do 26 ao 28, seguiranse executando as fases de Matogrande e, da noite do 28 ao xoves 29, os traballos trasladaranse á avenida de Fisterra, onde están as oficinas de R, e á incorporación da rúa Newton.

A %d blogueros les gusta esto: