Uncategorised 07/16/2019

O Concello lamenta a pelexa acontecida na madrugada do domingo no Orzán

by Victor Lamela

O Concello lamenta as agresións físicas e verbais acometidas na madrugada do domingo nun local de ocio da cidade. Na actualidade, a Policía Nacional está investigando o acontecido tras a denuncia formal das vítimas, que recibiron golpes por parte de varios individuos na entrada dun pub situado na rúa Sol.

O Goberno local amosa a súa preocupación por feitos deste tipo e ponse a disposición das afectadas para todo o que necesiten. Desde María Pita, tomarán medidas e aumentarán a vixilancia na zona para evitar episodios como o desta fin de semana.

A %d blogueros les gusta esto: