coruna 17/01/2021

O Concello lanza unha campaña para poñer en valor o patrimonio público e histórico da cidade

by Victor Lamela

O Concello realiza unha campaña de sensibilización para poñer en valor todo o patrimonio común da Coruña tanto o mobiliario urbano e os monumentos históricos coma os baños públicos, ao seren elementos que ofrecen un servizo necesario para as/os coruñesas/es e nos dan unha identidade propia. Por unha banda, a idea é reflectir a importancia de que estas instalacións dean cobertura á veciñanza e, por outra, promove na audiencia máis nova valores de convivencia e tolerancia.

Deste xeito, creouse un vídeo en Tik Tok na conta @stopvandalismocoruna cun baile con coreografía da influencer galega Melissa López, en que as seguidoras e os seguidores poderán repetir os pasos en formato dúo nun baño e participaren até o 25 no sorteo dun patinete eléctrico con casco incluído. Para a poboación non tan moza, a campaña vai até o Obelisco en formato exposición para lle recordar á cidadanía o conxunto patrimonial do que gozamos na Coruña a través das historias de tres veciñas/os.

A %d blogueros les gusta esto: