coruna 08/20/2019

O Concello negociará co resto de forzas políticas a incorporación nos orzamentos da reforma dos campos de fútbol da Torre

by Victor Lamela

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse co presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. A reunión, que se enmarca dentro da rolda de encontros que a rexedora está a manter con entidades da cidade, serviu para establecer as liñas de colaboración entre o concello e a Federación para mellorar os campos de fútbol da cidade e para determinar futuros investimentos nas instalacións deportivas demandas polos clubs de fútbol.

A rexedora aseguroulles ás persoas representantes da Federación que o concello acometerá a remodelación da Cidade Deportiva da Torre coa renovación do céspede en catro dos cinco campos da Torre, xunto coa instalación de rega automática nas zonas verdes, rehabilitación sistema de rega dos campos de fútbol, e a reparación dos vestiarios 2 e 3. A actuación formará parte do plan de mellora e mantemento das instalacións deportivas que a Concellería de Deportes quere poñer en marcha ao longo do próximo ano, e que se negociará a partir de septembro co resto das forzas políticas.

“En principio -dixo o edil de Deportes-, a previsión é incluír estes traballos nodocumento orzamentario que se está redactando nestes momentos”. Con todo, non descarta que as ditas obras se liciten antes.

Durante a reunión, falouse tamén das melloras pendentes nos campos fútbol de San Pedro de Visma. Nesta liña, o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, asegurou que a intención do Goberno local era a de incluír a cuberta das bancadas destes campos no documento orzamentario que están elaborando na Concellería de Deportes, pendente tamén da negociación co resto de grupos políticos.

A falta de instalacións, outro dos asuntos que preocupa os representantes da Federación, tamén se puxo sobre a mesa. Á Federación preocúpalle a falta de espazos para practicar deporte, neste caso fútbol. Neste sentido, a alcaldesa, que estivo acompañada do edil de Deportes, asegurou que unha das prioridades do concello é dotar de maiores infraestruturas as entidades deportivas da cidade e ofrecerlles máis recursos aos clubs.

Por outra banda, a intención tanto do Goberno local como da federación é que as obras de mellora dos campos e instalacións permitan organizar distintos eventos decarácter nacional na cidade. “Desde a concellería apostamos por xerar todo tipo degrandes eventos deportivos”, sinalou Borrego.

A alcaldesa manifestou a boa sintonía co presidente da Federación e amboscualificaron a reunión de “moi positiva”. O presidente da Federación explicoulle árexedora as liñas de actuación da entidade e as principais preocupacións e demandas dos clubs de fútbol da cidade.

A %d blogueros les gusta esto: