coruna 05/02/2016

O Concello pecha durante todo o día de mañá os parques e xardíns da cidade polo temporal de vento

by Victor Lamela

O Concello pechará mañá desde primeira hora os parques e xardíns da cidade ante o temporal de vento que afectará á terra e as costas, e polo que hai decretada a alerta laranxa. Segundo as prediccións, os refachos de vento poderían acadar durante a xornada os 100 quilómetros por hora, e o vento pode chegar a forza 8 no mar, con ondas de entre cinco e seis metros. O peche, que se manterá ata que remitan os fenómenos adversos, afectará ás zonas verdes das Esclavas, o parque de Santa Margarita, a praza do Libro, os xardíns dos Cantóns, o Campo da Leña e o Campo de Marte, os xardíns de Cemiterio Inglés, a zona infantil das Xubias, a praza de Concepción Arenal, a praza da Fariña (Azcárraga), San Carlos e as zonas axardinadas do Barrio das Flores, Ponte da Pedra e Casares Quiroga. O Concello prevé que os fortes ventos que se esperan durante o día de mañá causarán incidencias tamén no servizo de recollida do lixo, ao impedir a saída do camión pluma, o que afecta sobre todo á recollida de papel e cartón e dos contedores soterrados.

O Goberno local pide aos e ás cidadás que teñan precaución ante as malas condicións do tempo, que poderían prolongarse nos próximos días, e manterá activo o dispositivo para evitar situacións de risco.

A %d blogueros les gusta esto: