coruna 14/02/2016

O Concello pide á veciñanza que extreme as precaucións ante a alerta vermella, que poderá provocar cortes ao tráfico no Paseo Marítimo

by Victor Lamela

O Concello prega a cidadanía que extreme as medidas de precaución no día de hoxe ante o fenómeno meteorolóxico adverso que vive o litoral coruñés. As previsións son que en torno ás 20.00 horas desta tarde se decrete a alerta vermella, polo que a área de seguridade municipal indica que hai moitas posibilidades de que sexa preciso pechar aos peóns a zona do Paseo Marítimo e, previsiblemente, realizar cortes de tráfico, principalmente entre a zona das Esclavas e a coraza do Orzán, dependendo da forza do mar.

Os servizos municipais de seguridade solicitan á poboación que evite achegarse a zonas cercanas a costa, ante hipotéticos golpes de mar, ademais de lugares onde poida existir risco de desprendementos. Durante este domingo permanecerán pechados, como onte, os accesos a praias, parques e xardíns. Tamén, como este sábado, quedaron sen abrir ao público, a causa do temporal, tanto a Casa das Ciencias como a Torre de Hércules e o Centro de Interpretación e Atención ao Visitante (CIAV). Tamén durante esta tarde suspenderanse actividades na Cidade Deportiva da Torre ­­aínda que se manterán na pista do Frontón por estar cuberta­­.

Dende a Concellería de Medio Ambiente informan que a forza do vento impedirá que se poida proceder a recollida dos contedores de tipo soterrado, por necesitar estes dun camión con pluma para efectuar estas labores. Non obstante, a recollida se levará a cabo de forma habitual no resto de contedores, e se reforzará o servizo ao redor dos soterrados para que este feito puntual non afecte a limpeza urbana.

Durante a pasada noite os corpos de seguridade do Concello atenderon e solventaron diversas incidencias relacionadas co temporal, aínda que de pouca intensidade.

A %d blogueros les gusta esto: