coruna 09/16/2019

O Concello pon en marcha o “Sistema Escoita”

by Victor Lamela

O “Sistema Escoita” é un pioneiro e ambicioso proxecto altruista que permitirá ás persoas con dificultade ou discapacidade visual recibir en tempo real a audio descrición daqueles eventos deportivos que se celebren no Estadio Municipal de Riazor e no Palacio dos Deportes. O obxectivo desta iniciativa, impulsada por Jesús Suárez, é romper a barreira sensorial que lles impedía facelo nas mellores condicións, mesmo en eventos que non sexan retransmitidos por ningún medio comercial.

Xunto coa Concellería de Deportes tamén colaboran o Colexio de Exeñeiros e Telecomunicacións, a UDC a través da Facultade de Comunicación Audiovisual (Master de Comunicación Deportiva), o R.C. Deportivo, a Cadena Cope, Radio Coruña, Radio Intereconomía, Radio Marca, Radiovoz, Onda Cero, Radio Galega, RNE en Galicia e a ONCE.

Na reunión, que terá lugar a última semana de setembro e que será precedida por por unha breve recepción por parte da alcaldesa Inés Rey, establecerase o protocolo de uso que se coordinará desde a Concellería e fixarase a data e o evento da súa posta en marcha.

A %d blogueros les gusta esto: