coruna 10th julio 2019

O Concello poñerá en marcha nos vindeiros meses melloras para Mesoiro

by Victor Lamela

A alcaldesa Inés Rey visitou esta mañá o barrio de Mesoiro, onde mantivo un encontro cos responsables da Asociación de Veciños Xunqueiras. Rey comprobou en persoa as deficiencias da zona e comprometeuse a mellorar os problemas urbanísticos e de seguridade viaria na estrada DP-D512, que comunica Mesoiro con Novo Mesoiro, para á que lle pediron a elevación de pasos e a redución de velocidade.

Tamén lle reclamaron no percorrido a posta en valor do río Mesoiro, nas partes que non están soterradas para poder desfrutalas e recuperar este símbolo da cidade que está nun estado de abandono importante. Por outra parte, o colectivo informoulle á alcaldesa da dificultade de paso dos vehículos de seguridade, policía e ambulancias, así como dos camións encargados de recoller o lixo no barrio.

A %d blogueros les gusta esto: