coruna 09/11/2019

O Concello quere que todos os colexios da cidade dispoñan dun roteiro escolar seguro

by Victor Lamela

A alcaldesa Inés Rey anunciou a intención do equipo de goberno de colaborar con Stop Accidentes para ampliar os roteirosescolares seguros a máis centros da cidade. “A idea é estender esta iniciativa atodos os colexios”, explicou a rexedora, que mantivo esta tarde un encontro coapresidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, para coñecer de primeira man os proxectos nos que traballa a organización.

Con motivo do inicio do curso escolar, a presidenta de Stop Accidentes busca un maior compromiso da cidade para poder incrementar o número de Roteiros Escolares Seguros (A.N.C.A.S) e que, deste xeito, todos os escolares dispoñan dun espazo seguro para ir ao colexio.

Picard fixo un chamamento a todos os pais e nais para que as cativas e cativos vaian andando ao colexio, porque “é máis seguro e máis saudable”. Lembrou a necesidade de concienciar os cidadáns, alumnado e pais sobre a importancia de humanizar a contorna e devolver o espazo o peón”, indicou.

A %d blogueros les gusta esto: