coruna 05/12/2015

O Concello recorda que “na loita contra as violencias machistas é fundamental solicitar os recursos públicos disponibles, así como a colaboración cidadá”

by Victor Lamela

A Concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, fixo este venres un chamamento á cidadanía para recordar que “na prevención e na loita contras as violencias machistas é fundamental o uso dos recursos dispoñibles tanto por parte do Concello como do resto de administracións con competencias”, ademais da “corresponsabilidade da propia veciñanza”. Así, a responsable municipal quixo agradecer aos veciños e veciñas do Castrillón a súa actuación no día de onte, que foi decisiva “á hora de posibilitar a rápida intervención da Policía ante un caso de violencia de xénero”. “Atender este tipo de casos é unha responsabilidade de todas e todos nós”, dixo.

Do mesmo xeito, a concelleira de Igualdade e Diversidade, insistiu na importancia de que ás persoas afectadas polas violencias machistas conten coa axuda das administracións públicas. A concelleira destacou a importancia nun caso como este, “do aviso que recibe a policía a través do dispositivo telefónico de alarma Atenpro, que se xestiona desde os servizos municipais, en concreto desde o Centro de Información ás Mulleres (CIM)”. Este tipo de dispositivo unha vez que é accionado, comeza unha gravación, á vez que avisa á Policía e remite a localización da emerxencia a través dun GPS. “O uso por parte da muller agredida deste dispositivo foi fundamental para posibilitar a rápida intervención da Policía Local”, insistiu Fraga.

A concelleira de Igualdade e Diversidade tamén salientou que “no traballo pola erradicación das violencias machistas a coordinación entre servizos é decisiva” e que o Concello ten “a disposición da muller todos os recursos dispoñibles para axudala a superar unha situación tan traumática como a vivida”.

A %d blogueros les gusta esto: