coruna 05/12/2015

O Concello reforzará o servizo de recollida de residuos nas zonas comerciais e de hostalería durante o Nadal

by Victor Lamela

A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou na mañá deste venres a campaña de limpeza que o Concello desenvolverá durante o Nadal para “reforzar e mellorar” a recollida de residuos que se producen nesta época de gran afluencia de xente na zona centro e, tamén, redobrar a recollida de papel e cartón nas distintas zonas comerciais da cidade. “O Concello quere anticiparse ao que levan parello estas datas”, salientou a responsable municipal, que encadrou estas accións dentro do plan do Goberno local para “optimizar as condicións de limpeza da cidade”.

unnamed

Tal e como indicou, os servizos de limpeza duplicarán, desde o día 18 e ata o 5 de xaneiro, a recollida de residuos diaria na zona centro, entre as rúas entre Juana de Vega e Capitán Troncoso, con dúas recollidas que terán lugar durante a noite e despois de comer. No que atinxe ás zonas comerciais, tamén se duplicará a recollida de cartón e papel, que pasará a ser diaria (salvo festivos) ata o 9 de xaneiro. “Temos unha cidadanía orgullosa do seu e esixente co seu mantemento”, destacou a concelleira, quen incidiu na necesaria colaboración dos e das veciñas, e neste caso, dos sectores hostaleiro e comercial, para o éxito da campaña. “Congratúlanos que estas épocas sexan beneficiosas, pero tamén supoñen un reto para os servizos municipais”, quixo recordar.

Nesta liña, a titular de Medio Ambiente sinalou que o seu departamento xa convocou a estes dous sectores a unha reunión, que terá lugar a próxima semana, para establecer as canles de colaboración nesta e outras accións que teñan lugar desde o seu departamento. “Desde o Concello poremos todos os medios ao noso alcance, tanto municipais como das empresas concesionarias, Policía Local, Patrulla Verde e Inspección Ambiental”, comentou García.

A responsable municipal aproveitou tamén a comparecencia para lembrar os horarios nos que a cidadanía debe depositar os residuos nos contedores para evitar así molestias, que son a partir das nove da noite no horario de inverno e das dez, no de verán, e salientou tamén a necesidade de separar o lixo entre orgánico e inorgánico. Dentro do traballo que está a facer a concellería na concienciación, García avanzou ademais a campaña que vai emprender a súa concellería para informar sobre a recollida de residuos de maior tamaño tales como mobles, os chamados voluminosos, e,aesterespecto,recordouanecesidadedeavisarao010antesdedepositarestetipo de residuos nos puntos de acopio, un servizo telefónico que, como recalcou, “é gratuíto para a cidadanía”.

A %d blogueros les gusta esto: