Home » coruna » Currently Reading:

O Concello soterrará a liña eléctrica na confluencia entre rúa Vizcaya e avenida do Mallos para mellorar a accesibilidade peonil

julio 9, 2018 coruna No Comments

O Goberno local, a través da Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, levará a cabo o soterramento das liñas eléctricas situadas na rúa Vizcaya con avenida dos Mallos nunha actuación para a mellorar a accesibilidade da veciñanza e que comezará a mediados de xullo. “Temos na cidade bastantes exemplos de postes eléctricos que se colocaron, hai décadas, de maneira provisional e que aí seguen, en moitos casos entorpecendo o tránsito peonil, incumprindo a normativa de accesibilidade das beirarrúas e sendo un elemento discordante da nosa paisaxe urbana”, explica o edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela. Por iso, o Concello vén traballando na súa eliminación mediante actuacións de canalización dos cables como a que se vai realizar na rúa Vizcaya na súa confluencia coa avenida dos Mallos. En concreto, retiraranse dous postes e se executarán canalizacións para soterrar os cables do alumeado municipal, as telecomunicacións e a electricidade, así como as arquetas precisas.

Como explica o concelleiro, o poste da avenida dos Mallos está situado xusto enriba do vao do paso peonil “o que imposibilita a accesibilidade, entorpece o tránsito dos veciños e das veciñas e corta a continuidade dunha rúa principal no barrio, xa que vertebra a parte alta do mesmo e comunica a rolda de Nelle e a de Outeiro”. Así, a planificación das obras, que teñen un prazo de execución de dous meses e un custe de 43.439 euros, comprende tamén a reposición da beirarrúa, na que se crearán orellas de protección para ampliar o espazo peonil, e da calzada.

“Fixemos un traballo de identificación destes puntos onde hai cableado aéreo e estamos executando obras de adecuación á normativa de accesibilidade, como a que xa realizamos na avenida de Arteixo, coa eliminación do poste á altura do número 45; como está a facerse coa liña de media tensión que cruza o Castro de Elviña ou se fixo co convenio que asinamos con operadoras de telecomunicacións para soterrar as súas liñas en 130 puntos da cidade”, indica Varela, que considera que estas situacións responden a “outro tempo onde non había a sensibilidade que temos hoxe en día na concepción do espazo urbano e tamén da súa imaxe”. Así, o concelleiro adiantou que cada obra prevista na Cidade Vella, unha zona con especial valor patrimonial e histórico, contempla a retirada do cableado.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article:

A %d blogueros les gusta esto: