coruna 07/04/2020

O concello vese obrigado a realizar unha reparación de urxencia nun sumidoiro da avenida das Conchiñas

by Victor Lamela

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade informa de que os técnicos municipais de Infraestruturas tiveron que realizar unha reparación de urxencia nun sumidoiro da avenida das Conchiñas.

Os labores de reparación comezaron ás 8.00 h desta mañá e está previsto que se prolonguen varias semanas debido á gravidade desta incidencia. Segundo o persoal técnico, a tubaxe da rede de saneamento estaba rota e esmagada, polo que resultaba imposible que a auga correse por ela. Deste xeito, abriuse unha gabia e estase substituíndo a tubaxe danada por unha nova de PVC.

Desde a concellería quérenlle trasladar á veciñanza unha mensaxe de tranquilidade posto que, tal e como ditamina o estado de alarma decretado polo Goberno central, as obras da cidade están paralizadas, salvo intervencións de urxencia, como é o caso desta reparación na avenida das Conchiñas.

A %d blogueros les gusta esto: