Conciertos 01/23/2019

O concerto de Zafra e Lois Rivera Trio no Jazz Filloa pecha a programación de xaneiro do ciclo Clube Estrella Galicia

by Victor Lamela

Clube Estrella Galicia pecha a súa programación deste mes na mítica sala coruñesa Jazz Filloa con Zafra e Lois Rivera Trio. Ambas formacións son un claro exemplo o apoio do circuíto ao talento galego, así como polas salas que programan música en directo, tanto en cidades capitais como en localidades máis pequenas.

Zafra é unha agrupación musical residente na Coruña formada por cinco músicos dun incrible talento que transita polo jazz e o latin-jazz. William Días (trombón), Exle Ramos (trompeta), Sergio Delgado (piano), Juan Santiago Barros (batería) e Carlos Santos (contrabaixo) forman esta banda que combina temas orixinais con emblemas da historia musical do século XX.

O xoven Lois Rivera lidera este trío formado xunto a Alexandre Touceda (contrabaixo) e Héctor Agulla (batería). O saxofonista ten compartido escenario con músicos como José A. Acuña, Miguel Cabana, Pablo Añón, Naíma Acuña, Gareth Fowler, Tobby  Boalch, Simón García ou Cennet Jönsson, entre outros moitos.

O circuíto é unha aposta clara de Estrella Galicia e Clubtura pola música galega en directo e pola creatividade dos artistas que compoñen a súas propias pezas, para o desfrute do público das catro provincias. Ao longo deste terceiro ciclo, programaranse ata sesenta directos en salas de toda a xeografía galega.

A %d blogueros les gusta esto: