Uncategorised 10th abril 2018

O Consorcio Provincial Contra Incendios da Coruña avanza nos trámites para a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros

by Victor Lamela

A sede da Deputación da Coruña acolleu unha sesión ordinaria do pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña no que se acordou a constitución dunha comisión de estudo, constuída por representantes políticos da institución provincial e a Xunta de Galicia e persoal técnico, que se encargará de elaborar a memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financieiros da aplicación dun modelo de xestión directa para os parques comarcais de bombeiros da provincia.

 O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, sinalou que se trata “dun avance importante na vontade, xa expresada polo Goberno provincial dende 2016, de recuperar para o público o servizo de bombeiros, suprimindo a xestión por parte de empresas privadas dun ámbito como o das emerxencias, que entendemos que debe un servizo público”:

“Queremos que o cambio no modelo de xestión se leve a cabo con todas as garantías”, afirmou o presidente provincial, que lembrou que as conclusións da comisión constituída hoxe serán posteriormente elevadas ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que será que autorice ou non o cambio de modelo de xestión dos parques de bombeiros coruñeses.

A constitución desta comisión parte da necesidade de elaborar un estudo en profundidade dos aspectos xurídicos, técnicos e económicos no que participen os servizos técnicos das administracións implicadas.

A comisión está presidida polo presidente do Consorcio e da Deputación, Valentín González Formoso, e integrada polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato; a secretaria da delegación provincial da Xunta, Patricia Rodríguez Franco; o director xeral de Emerxencias, Luis Menor Pérez, e a deputada provincial Ánxela Franco.

Como membros técnicos forman parte tamén da mesma Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias; Manuel Martínez Varela, xefe do servizo de Réxime Xurídico, José Manuel Pardellas, interventor da Deputación; Ana Marcos, xefa do servizo de Persoal da Deputación; Carlos García Touriñán, director da área de Seguridade do Concello da Coruña; Rafael Díaz-Aguado, xefe do servizo de Promoción Económica da Deputación; José Luis Barca, xerente do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña; e Graciela Rivero, secretaria-interventora do Consorcio.

A %d blogueros les gusta esto: