coruna 26th junio 2018

O Fórum Metropolitano proxecta no mes de xullo películas de culto en versión orixinal e 35 milímetros

by Victor Lamela

O Fórum Metropolitano celebra durante o mes de xullo o ciclo Cinenterraza, no que se proxectarán sete filmes de culto en 35 milímetros e versión orixinal subtitulada. Ao remate de cada proxección, que se realizará no vestíbulo do edificio, haberá un coloquio entre o público asistente e figuras novas da cinematografía e o eido cultural galego.

O ciclo, que terá proxeccións os mércores e os xoves con excepción do festivo 25 de xullo, comeza o día 4 con​ ​A noite do cazador, de Charles Laughton, á que seguirá unha charla coa escritora Dores Tembrás. Ao día seguinte é a quenda dun clásico do ci​nema mudo, ​Amencer, de F. W. Murnau, sobre o que se poderá debater co fotógrafo e realizador Tono Mejuto. O día 11 poderase​ visionar ​Mamma Roma, de Pier Paolo Pasolini, con charla posterior coa investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza, mentres que no día seguinte será o momento da comedia coa proxecc​ ión de ​O sentido da vida, o filme dos Monty Phyton Terry Jones e Terry Guilliam e que comentará co público asistente o guionista, realizador e presidente da ​Asociación Sindical Galega de Guionistas​, Nico Campos. O 18 de xullo est​ á programado ​O raio verde, de Éric Rohmer, con coloquio posterior da realizadora Anxos Fazáns e, ​ao día seguinte, ​A ascensión, un filme de Larisa Shepitko sobre o que se poderán charla coa codirectora do Festival S(8) e realizadora, Ana Domínguez. A derradeira oportunidade para asistir ao ciclo Cinenterraza será o día 26 de xullo, día no que pro​xectará ​O silencio dos cordeiros, de Jonathan Demme, tras o que intervirá o director Andrés Goteira.

As entradas para os filmes, que comezan ás 22.00 horas, están á venda anticipada na conserxería do Fórum Metropolitano de luns a xoves –só se venderán as das películas que se proxecten nesa semana– ou en taquilla media hora antes de cada filme, se resta algunha para a venda. Teñen un prezo de tres euros, con custe reducido a dous euros para persoas que teñan o Carné Xove, sexan maiores de 65 anos ou estean desempregadas.

A %d blogueros les gusta esto: