coruna 16/05/2016

O Goberno local amosa o seu compromiso coa promoción da lingua galega con actos durante esta semana en homenaxe a Manuel María e ás Irmandades da Fala

by Victor Lamela

O Goberno local celebrará o próximo martes, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras, unha xornada de portas abertas no Pazo de María Pita, co obxectivo de render tributo a Manuel María, poeta lucense ao que este ano se lle adica esta xornada festiva e de promoción do idioma galega, e que escolleu a cidade da Coruña para pasar a última etapa da súa vida. Dentro das homenaxes ao artista, o Concello promove una lectura pública dos seus textos dende o balcón do edificio municipal.

A lectura pública dos textos P regoa a voz! d e Manuel María é unha convocatoria aberta a toda a veciñanza que desexe participar e comezará este martes, ás 12.00 do mediodía. Todas aquelas persoas que desexen intervir nesta homenaxe deberán inscribirse, de xeito totalmente gratuíto, a través da web municipal w ww.coruna.es/cultura ou do teléfono de atención cidadá 010.

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, manifestou que “os actos que se están a celebrar estes días na cidade son unha mostra do fondo compromiso deste Goberno local co idioma galego e coa súa promoción”. “Con actividades coma esta desbotamos os tópicos que existen sobre o uso da nosa lingua na cidade da Coruña. Este Goberno, ao igual que a maioría

da veciñanza da Coruña, usa o galego con total naturalidade”, explicou o responsable municipal quen, engadiu, que, “non obstante, somos conscientes das ameazas que ten a lingua galega en todas as zonas urbanas, onde máis falantes perde, polo que todas as institucións debemos facer o que estea na nosa man para o seu fomento e promoción”.

Ademais da lectura pública do martes no propio Pazo de María, as Bibliotecas Municipais acollerán durante todo o mes numerosas lecturas e actividades arredor da figura de Manuel María. Ademais, e dentro dos actos con motivo do Día das Letras, o próximo martes terá lugar no centro sociocultural do Agra do Orzán un novo espectáculo de Bebescena, o ciclo de artes escénicas para nenos e nenas de entre 1 e 3 anos. Será X ente miúda, moita fartura, do músico Pablo Díaz, un traballo no que participaron artistas como Olga Kirk ou Xabier Díaz.

O mesmo 17 de maio tamén terá lugar no Teatro Rosalía o C oncerto das Letras 2016, que se celebrará por primeira vez na cidade e no que actuará a banda Milladoiro. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello da Coruña, comenzará ás 21.00 horas. Os convites para asistir ao espectáculo repártense no despacho de billetes da Praza de Ourense, de luns a venres, de 9.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Cada persoa poderá levar como máximo dúas entradas.

Irmandades da Fala

Dentro dos actos que coinciden no tempo esta semana, Sande tamén quixo destacar de feito especial o acto de conmemoración do centenario do nacemento das Irmandades da Fala. “O seu recoñecemento é fundamental polo que este movemento representa para a cidade da Coruña”, engadiu.

Así, o vindeiro mércores, 18 de maio, terá lugar, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro, un acto literario e musical, organizado polo Concello e a Real Academia Galega (RAG) no que participarán catro coros históricos fundados na época das Irmandades, así como destacadas figuras do sector cultural galego que leerán textos de Castelao, Antón Vilar Ponte, Ramón Cabanillas ou Vicente Risco. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

A %d blogueros les gusta esto: