Uncategorised 08/14/2015

O Goberno local comeza a avalización das propostas do PSOE e BNG para sacar adiante o modificativo de crédito

by Victor Lamela

O Goberno municipal valora a vontade de diálogo amosada polos grupos do PSOE e o BNG, cos que se reuniu nas últimas horas, e vén de iniciar a avaliación das propostas presentadas, n​o caso do Bloque por escrito, p​ara sacar adiante tan axiña como sexa posible o modificativo de crédito rexeitado polo Pleno o pasado día 7 de agosto.

Das propostas, estudarase sobre todo aquelas que se axustan ao marco dun modificativo de crédito coma este, o primeiro do mandato, destinado fundamentalmente a resolver facturas pendentes e irregulares do Goberno anterior, facerlle fronte a necesidades inmediatas da xestión e dotar as novas áreas de Goberno, como son a de Participación e Innovación Democrática e a de Igualdade e Diversidade, dos recursos mínimos necesarios para cumprir os compromisos adquiridos coa cidadanía. Deben quedar para un debate posterior, o dos Orzamentos de 2016, os primeiros do novo goberno, aquelas propostas que teñen que ver coa implementación de novas políticas.

A %d blogueros les gusta esto: