coruna 02/07/2015

O Goberno local desiste ante o Tribunal de Cuentas do procedemento polo Caso Someso dado que a demanda estaba condenada ao fracaso

by Victor Lamela

O Goberno local desiste do procedemento contable ante o Tribunal de Cuentas no coñecido como Caso Someso, ao considerar que esta vía estaba condenada ao fracaso e suporía unha previsible e grave repercusión económica para o Concello da Coruña en forma de imposición de elevadas costas. Así mesmo, dará pulo c​omo considera procedente o propio Tribunal de Cuentas​á revisión de oficio do acordo do 30 de setembro de 2005 que dou pé ao escándalo.

Desde o Goberno local lémbrase que foi o anterior Executivo o que decidiu continuar co procedemento a pesar de que a Fiscalía e a Acta e Liquidación Provisional do instrutor do Tribunal de Cuentas informaron a favor do arquivo e, así mesmo, considera, en base aos informes xurídicos propios, que existe unha evidente prescripción da responsabilidade contable.

Con todo, o Goberno local da Coruña cre que o legalmente procedente agora é optar c​omo fará​pola revisión de oficio e, así mesmo, remitir ao Consello Consultivo a acción de nulidade presentada polo BNG no seu momento (febreiro 2013). En caso de ditame favorable continuarase o procedemento e a Xunta de Goberno Local, como órgano competente, será a que resolva despois dos trámites de audiencia e exposición ao público.

A %d blogueros les gusta esto: