coruna 08/19/2019

O goberno municipal só pode culpar á súa propia xestión se non dá as bolsas comedor antes do inicio do curso

by Victor Lamela

O goberno municipal da Coruña emitiu hoxe un comunicado no que anuncia que non será capaz de conceder as bolsas comedor antes do inicio do curso, e culpa “á demora na súa convocatoria polo anterior executivo”. Porén, o texto enviado desde o Concello indica unha data falsa para a apertura da convocatoria de bolsas e tenta tapar con escusas a realidade: o goberno do PSOE da Coruña só pode culpar á súa propia xestión do atraso nas bolsas.

Non é certo que a convocatoria se publicara o 6 de maio, como notificou o Concello da Coruña. Estas son as datas reais:

  • ●  As bases da convocatoria aprobáronse en Xunta de Goberno Local o día 5 de abril.
  • ●  A convocatoria de bolsas publicouse no Boletín Oficial da Provincia o dia17 de abril​.
  • ●  O prazo de recepción de solicitudes abriuse o 22 de abril e ​concluíu o 6 de maio, ​catro meses antes do inicio do curso (11 de setembro en infantil e primaria).

    O 15 de xullo, cando Inés Rey tomou posesión, xa se valoraran a metade das 1.996 solicitudes recibidas. Será o PSOE da Coruña quen teña que explicar por que non fixo deste asunto unha das súas prioridades.

    Fala o goberno municipal de falta de persoal para atender as solicitudes. É o mesmo co que en anos anteriores saíu adiante a convocatoria. Non obstante, estamos de acordo en que os concellos están infradotados nesta e noutras moitas áreas, debido aos límites que impoñen as leis de austeridade que nos deixou Rajoy. Se o goberno da Coruña ten problemas neste eido, terá que falar con Pedro Sánchez para que as derrogue.

    A verdadeira herdanza do anterior executivo en canto ás bolsas comedor foi duplicar os fondos que se destinan a elas. Neste curso, están dotadas con 1,5 millóns de euros, fronte aos 750.000 do último ano do Partido Popular.

A %d blogueros les gusta esto: